jueves, 17 de diciembre de 2015

BOAS FESTAS!!




Moito Amor ,Paz e Felicidade para estas festas do Nadal .  Que o vindeiro 2016 veña cheo de ledicia.
Asi volo desexamos  os nen@s e a profesora de 6º A.

LIBROS NADAL 2015

Libros recomendados 6º de primaria Nadal 2015

En Lingua Galega

NENA E O MAR. Érica Esmorís. Ed. Xerais Premio Merlín de Literatura Infantil. 2015 Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e o cansazo dos seus vellos habitantes e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que collen no seu corpo miúdo. Emprenderá nun bote pequeño unha aventura temeraria e fantástica para rescatar

LENDO LENDAS, DIGO VERSOS. Antonio García Teijeiro. Antonio Reigosa Xerais Este libro contén vinte lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, cada unha co seu poema. A maioría son lendas pouco coñecidas e moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada

FORMIG4S. MISIÓN BARCELONA. Pepe Tobaruela. Xerais. Os catro integrantes dos FORMIG4S, son unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión Barcelona” leva os FORMIG4S á capital catalá o día de S. Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis


O SEGREDO DA ILLA NEGRA. Agustín Fernández Paz Ed. Xerais. Sara vive nunha aldea da beiramar onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita a cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.

OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO. Jaureguizar. Ed. Xerais Nica é unha “detectivesa” que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, os Sabuxos.Un día, Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia. Os catro Sabuxos xogan e divírtense alí ata que descobren que quedaron atrapados dentro dun sito que ninguén coñece: o Museo Prohibido.

En Lingua Castelá

ATLAS DEL MUNDO. Simón Munford. Ed. SM Da una vuelta al mundo con la ayuda de este espectacular libro que contiene: un globo terrestre en tres dimensiones; globos terrestres localizadores y mapas interactivos que muestran donde está cada continenete con muchos datos sobre cada uno de ellos; páginas deslizables y mucha información sobre la vida, la gente y los lugares de los diferentes países del mundo con su bandera, población, lenguas oficiales y ciudades importantes


LOS FUTBOLÍSIMOS. EL MISTERIO DEL PENALTI INVISIBLE. Roberto Santiago. Ed. SM Cuando sopla el viento del norte en Sevilla la Chica puede pasar cualquier cosa: que desaparezcan los puntos de penalti del campo de fútbol justo cuando Soto Alto se juega el descenso, que nadie sepa donde está Radu, el conserje del colegio y encargado de pintarlos y que unos amigos de tus padres, los Balbuena, se instalen en tu casa y lo pongan todo patas arriba. Así que cuidado, ftbolísimos, que está soplando el viento del norte..

LAS AVENTURAS DEL JOVEN JULES VERNES. VIAJE AL ABISMO. Ed. Destino Acompaña a Jules Vernes y sus amigos en la trepidante aventura que le inspiró para escribir “Viaje al centro de la Tierra”

RITALINDA ES RITASÁN. Beatriz Rojas Alfaguara infantil Ritalinda regresa en esta nueva entrega para hacer frente a otro año escolar. Es el primer día de clases y, además de encontrarse con su fiel amigo Samuel, Rita se encuentra una gran sorpresa: Hanako, una estudiante proveniente de Japón, es la nueva integrante del curso. Rita comienza a sentirse insegura porque Hanako está atrayendo toda la atención de Samuel. Pero un triste acontecimiento hará que Rita olvide sus celos y apoye, con su característica alegría e ingenio, a su nueva amiga extranjera.

QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO. Jordi Sierra i Fabra Alfaguara infantil ¿Puede una madre despedir a su hijo? Pues eso es lo que le ha ocurrido a Miguel por desordenado, por desobediente, por travieso, por su falta de interés por los estudios..Transcurrido el plazo de treinta días que le han dado e incapaz de enmendar su comportamiento, tiene que abandonar su casa. Sí, su madre le ha despedido
WIGETTTA Y EL BÁCULO DORADO Vegetta 777 Willyrex. Ed Después del último ataque secreto, los habitantes del Pueblo han recuperado su tranquilidad. Sin embargo unas misteriosas desapariciones van a alterar las cosas
ZOÉ EN LA TIERRA DE LAS ESTRELLAS. Ana García Siñeriz/ Jordi Labanda Blanco Ed. Destino Una nueva aventura de la banda de Zoé en...África!!

jueves, 10 de septiembre de 2015

Curso 2015 / 2016

Benvidos nenos e nenas de 6º A !
 Hoxe 10/09  damos comezo  a un novo curso.
comezamos con ganas e ilusion.
MOITA SORTE PARA TOD@S!!!

jueves, 3 de septiembre de 2015

CURSO 2015/2016

CALENDARIO ESCOLAR

INICIO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
VACACIÓNS:
  • Nadal: 21 de decembro de 2015 ao 6 de xaneiro de 2016.
  • Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016. 
  • Semana Santa: 21 ao 28 de marzo de 2016.
DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 30 de Outubro de 2015. 
  • Festivos locais ou de ámbito estatal. 

lunes, 30 de marzo de 2015

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA on PhotoPeach

 O día 18  de marzo , mércores ,os nenos e neas de 5º fixeron unha saída a  Santiago de Compostela.
Foi unha saída de carácter cultural.
   Visitaron  o Parlamento de Galicia , dando un percorrido polas dependencias máis importantes.
 Despois  dirixíronse  ao Museo do Pobo Galego.Alí poideron ver a famosa escaleira helicoidal.
A medio día foron comer a Cidade da Cultura e visitar o Museo que nos guiaba polo" Camiño de Santiago".
 Antes de volver pasaron  pola Catedral para darlle un abrazo o apóstolo e coñecer a Praza do Obradoiro e a da Quintana..

Aqui vos deixo  algunhas fermosas instantáneas.

LONGITUD - CAPACIDAD - MASA

Para  que sirva de repaso :

LONGITUD

CAPACIDAD Y MASA

LONGITUD - CAPACIDAD   Y   MASA

viernes, 20 de febrero de 2015

ROSALÍA DE CASTRO

  O  DÍA  24 DE FEBREIRO É O DÍA DE ROSALÍA. CONMEMORAMOS O SEU 

NACEMENTO.

                              NO COLEXIO CELEBRÁMOLO  RECITANDO POEMAS DA SÚA OBRA.


CANTARES  GALLEGOS       

FOLLAS  NOVAS